Marcadores

Marcadores

10/30/2012

Chegou o Samaín e con el as celebracións relacionadas coa morte e co medo. En Vieiros da escola podedes atopar moita información sobre esta celebración tan propia do noso país.

Ademais, é esta unha data moi apropiada para ler relatos de medo, e diso a nosa literatura tenvos moito. E se comezamos por Cando petan na porta pola noite de X. Docampo?
E lembra, o día 9 no noso instituto organízase un obradoiro-concurso de cabazas.

10/25/2012

A UE emite un informe no que critica a redución da lingua galega no ensino

Aínda que moitos non o saiban e sexan poucos os medios que o transmite, a UE acaba de criticar a política lingüística que o goberno da Xunta de Galicia está a realizar.  Entre outros aspectos, o que nos afecta á comunidade educativa é o que recoñece que a presenza da lingua galega no ensino se reduciu considerablemente nos últimos anos, o cal non favorece a normalización da lingua.
Para saberdes máis podedes ler a noticia no xornal "Sermos": "Europa critica a política lingüistica do PP en Galiza".

10/20/2012

A nosa literatura vende, dentro e fóra do país!


Made In Galiza - Sechu Sende
Tradución ao éuscaro de Made in Galiza

Parabéns! A literatura galega gaña adeptos dentro e fóra das nosas fronteiras.  É o caso da obra Made in Galiza de Séchu Sende. Tras a súa tradución ao éuscaro converteuse nunha das obras máis vendidas!
Animádevos e lédeo! Pasaredes bos momentos e serviravos para reflexionardes sobre a nosa lingua, a nosa terra, nós e os nosos sentimentos.... e o humor, que tampouco falte!

10/16/2012

Letras Galegas 2013. Roberto Vidal Bolaño

Roberto Vidal Bolaño
Como é ben sabido, o vindeiro ano 2013 o Día das Letras Galegas dedícaselle ao dramaturgo Roberto Vidal Bolaño.
E comezan xa as homenaxes: Carlos Blanco conducirá a primeira homenaxe a Vidal Bolaño. ""Un home do Aquí" é o nome da primeira homenaxe que se lle renderá a Roberto Vidal Bolaño ao se cumpriren 10 anos do seu pasamento e en vísperas de que comece o 2013 no que a Academia decidiu dedicarlle o Día das Letras Galegas. Teatro e música lembrarán ao primeiro dramaturgo que protagonizará un 17 de maio".

10/01/2012

Unha nova ferramenta á nosa disposición


"O bUSCatermos é unha base de datos terminolóxica en liña da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Compila información sobre máis de 150.000 conceptos das áreas especializadas máis diversas (ciencias da saúde, dereito, botánica, zooloxía, educación, historia, xeografía...). Para cada un deses conceptos recóllense as denominacións máis habituais en galego e, case sempre, tamén as empregadas nas linguas do noso contorno (fundamentalmente, castelán, inglés e portugués). A suma de todas estas formas lingüísticas supera as 450.000, o que converte bUSCatermos no recurso lexicográfico máis amplo existente para a lingua galega. Ademais, en cada entrada dáse información sobre a área temática a que pertence cada concepto, a definición e as fontes en que se documenta toda a información recollida."

Vitaminas para o galego: Vitaminas na rede

Vitaminas para o galego: Vitaminas na rede: Blogs, webs, e espazos na rede que apoian Vitaminas para o galego: Blog -  Estación Atlántica (BCN) Osquelemos Biblioteca CPI A Ribei...