Marcadores

Marcadores

11/23/2012

Recitando CelsoemiliO. O 12 /12 / 12 ás 12:00 hrs

 

O EquiPazo do noso IES tamén se suma ao RecitandoCelsoemiliO.


O día 12/12/12, ás 12 horas, toda a comunidade recitará e traballará co poema "Deitado frente ao mar" do autor de Longa noite de pedra.

Nós tamén estaremos aí!


Deitado frente ao mar
Lingua proletaria do meu pobo,
eu fáloa porque si, porque me gosta,
porque me peta e quero e dáme a gana;

porque me sai de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ao ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sen raíces
que ao pór a garabata xa non saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
falar a fala nai,
a fala dos avós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos da linguaxe,
remo i arado, proa e rella sempre.
Eu fáloa porque si, porque me gosta
e quero estar cos meus, coa xente miña,

perto dos homes bos que sofren longo
unha historia contada noutra lingua.
Non falo pra os soberbios,
non falo pra os ruíns e poderosos,
non falo pra os finchados,
non falo pra os baleiros,
non falo pra os estúpidos,
que falo pra os que aguantan rexamente
mentiras e inxustizas decotío;
pra os que súan e choran

un pranto cotidián de bolboretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas
de tódolos que sofren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, doce mágoa das Españas,
deitada rente ao mar, ise camiño...

11/20/2012

11/19/2012

Fernández Paz, premio da crítica


Un dos principais autores da literatura galega recibiu o Premio da Crítica. A noticia sobre a entrega deste premio pódela ler no xornal Sermos.
Fernández Paz é autor, entre outros moitos libros, de Cartas de inverno, Non hai noite tan longa, Rapazas... Quizais sexa esta unha boa ocasión para lermos algunha das súas obras.
Tamén recibiron galardóns a asociación O sorriso de Daniel polo seu traballo a prol da conservación do románico galego.
E finalmente, destacaremos a Xosé Manuel Oliveira, "Pico", un dos nosos principais actores teatrais e que tamén foi premiado nesta edición dos Premios da Crítica.
Parabéns para eles e os outros premiados.