Marcadores

Marcadores

2/27/2013



Hoxe erguémonos coa nova da morte de Stéphane Hessel e como homenaxe propóñovos a lectura da súa obra Indignádevos:
“…Facemos un chamamento ás novas xeracións para revitalizaren e transmitiren o herdo da Resistencia e os seus ideais. Nós dicímoslles: tomade o relevo, indignádevos! Os responsables políticos, económicos e intelectuais, e o conxunto da sociedade, non deben renderse nin deixarse amedrentar pola actual ditadura internacional dos mercados financeiros, que ameaza a paz e a democracia”.   (Stéphane Hessel).

2/22/2013

Actos no Día de Rosalía

Aquí vos queda a información sobre os actos que desde a Fundación Rosalía de Castro se van organizar o día 24 de febreiro (Tirado de http://rosaliadecastro.org/events/pangaiteirada-en-todo-o-territorio/)
"Alborada para Rosalía. Todos os gaiteiros de Galicia están chamados a dar unha alborada de gloria. Iniciativa conxunta coa Asociación de Gaiteiros Galegos.
10:00 horas
Santiago de Compostela \\ Praza de Vigo.
Alborada e ofrenda oral
ao pé do monumento que lembra onde naceu a escritora.

12:00 horas
Padrón \\ Casa de Rosalía

Interpretación da Alborada de Rosalía de Castro.
Personalidades culturais, sociais e políticas de toda Galicia interveñen e recitan na honra da escritora.
Proxección de diferentes gravacións das alboradas realizadas ese mesmo día en distintos lugares de todo o país.
Presentación dos actos conmemorativos do 150 aniversario de Cantares gallegos.
Actuación musical de Uxía e Sérgio Tannus."
Share
 

Rosalia de Castro-AELG