Marcadores

Marcadores

5/22/2015

Saltamos unha clase?


Aínda que xa chegamos ao final do curso, tampouco está de máis lembrar as distintas formas que temos para dicir que non imos asistir a clase porque decidimos ir tomar o soliño, estudar un exame que temos na hora seguinte, tomar un café cos compañeiros e as compañeiras de clase... múltiples escusas habemos atopar para  saltar unha clase!

5/14/2015

Letras Galegas 2014

Diante do noso traballo (4º A)
Xa se achega o 17 de maio e as alumnas e os alumnos de 4º escolleron as súas obra preferidas para posaren con elas ante a cámara.  Aquí vos quedan as fotos de grupo e mais o traballo que colgaron na aula.
En 4º B tamén remataron a súa exposición

FELIZ DÍA DAS LETRAS 2015.
O grupo de 4º A na biblioteca.
MIL PRIMAVERAS MÁIS PARA A NOSA LINGUA.

E as obras escollidas foron:
  1. Anxos en tempos de chuvia
  2. Aire negro
  3. Cartas de inverno
  4. Corredores de sombras
  5. Dragal. A herdanza do dragón
  6. Unha estrela no vento
  7. As fronteiras do medo
  8. As lágrimas de Shiva
  9. Os Megatoxos e os templarios da luz
  10. Memorias dun neno labrego
  11. Noite de voraces sombras
  12. Non hai noite tan longa
  13. A praia dos afogados
  14. Pepa A Loba
  15. Rúa Carbón
  16. O violín de Auschwitz
  17. O xabaril branco

O grupo de 4º B