Marcadores
Marcadores
11/08/2012
Onte, hoxe... MAÑÁ!!!!!!!!!!!
Etiquetas:
ies,
sociolingüística
10/30/2012
Chegou o Samaín e con el as celebracións relacionadas coa morte e co medo. En Vieiros da escola podedes atopar moita información sobre esta celebración tan propia do noso país.Ademais, é esta unha data moi apropiada para ler relatos de medo, e diso a nosa literatura tenvos moito. E se comezamos por Cando petan na porta pola noite de X. Docampo?
E lembra, o día 9 no noso instituto organízase un obradoiro-concurso de cabazas.
Etiquetas:
actualidade,
celebracións
10/26/2012
Unidades e funcións sintácticas
10/25/2012
A UE emite un informe no que critica a redución da lingua galega no ensino
Aínda que moitos non o saiban e sexan poucos os medios que o transmite, a UE acaba de criticar a política lingüística que o goberno da Xunta de Galicia está a realizar. Entre outros aspectos, o que nos afecta á comunidade educativa é o que recoñece que a presenza da lingua galega no ensino se reduciu considerablemente nos últimos anos, o cal non favorece a normalización da lingua.
Para saberdes máis podedes ler a noticia no xornal "Sermos": "Europa critica a política lingüistica do PP en Galiza".
Para saberdes máis podedes ler a noticia no xornal "Sermos": "Europa critica a política lingüistica do PP en Galiza".
Etiquetas:
sociolingüística
10/20/2012
A nosa literatura vende, dentro e fóra do país!
![]() |
| Tradución ao éuscaro de Made in Galiza |
Parabéns! A literatura galega gaña adeptos dentro e fóra das nosas fronteiras. É o caso da obra Made in Galiza de Séchu Sende. Tras a súa tradución ao éuscaro converteuse nunha das obras máis vendidas!
Animádevos e lédeo! Pasaredes bos momentos e serviravos para reflexionardes sobre a nosa lingua, a nosa terra, nós e os nosos sentimentos.... e o humor, que tampouco falte!
Etiquetas:
actualidade,
literatura
10/16/2012
Letras Galegas 2013. Roberto Vidal Bolaño
| Roberto Vidal Bolaño |
E comezan xa as homenaxes: Carlos Blanco conducirá a primeira homenaxe a Vidal Bolaño. ""Un home do Aquí" é o nome da primeira homenaxe que se lle renderá a Roberto Vidal Bolaño ao se cumpriren 10 anos do seu pasamento e en vísperas de que comece o 2013 no que a Academia decidiu dedicarlle o Día das Letras Galegas. Teatro e música lembrarán ao primeiro dramaturgo que protagonizará un 17 de maio".
Etiquetas:
Letras galegas,
Vidal Bolaño
10/01/2012
Unha nova ferramenta á nosa disposición
"O bUSCatermos é unha base de datos terminolóxica en liña da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Compila información sobre máis de 150.000 conceptos das áreas especializadas máis diversas (ciencias da saúde, dereito, botánica, zooloxía, educación, historia, xeografía...). Para cada un deses conceptos recóllense as denominacións máis habituais en galego e, case sempre, tamén as empregadas nas linguas do noso contorno (fundamentalmente, castelán, inglés e portugués). A suma de todas estas formas lingüísticas supera as 450.000, o que converte bUSCatermos no recurso lexicográfico máis amplo existente para a lingua galega. Ademais, en cada entrada dáse información sobre a área temática a que pertence cada concepto, a definición e as fontes en que se documenta toda a información recollida."
Etiquetas:
lingua,
recursos en rede,
terminoloxía
Assinar:
Postagens (Atom)
