Marcadores
Marcadores
11/13/2012
Deitado frente ao mar I-
Etiquetas:
actualidade,
literatura,
música
11/08/2012
QRT M8!
Etiquetas:
actualidade,
sociolingüística
Onte, hoxe... MAÑÁ!!!!!!!!!!!
Etiquetas:
ies,
sociolingüística
10/30/2012
Chegou o Samaín e con el as celebracións relacionadas coa morte e co medo. En Vieiros da escola podedes atopar moita información sobre esta celebración tan propia do noso país.Ademais, é esta unha data moi apropiada para ler relatos de medo, e diso a nosa literatura tenvos moito. E se comezamos por Cando petan na porta pola noite de X. Docampo?
E lembra, o día 9 no noso instituto organízase un obradoiro-concurso de cabazas.
Etiquetas:
actualidade,
celebracións
10/26/2012
Unidades e funcións sintácticas
10/25/2012
A UE emite un informe no que critica a redución da lingua galega no ensino
Aínda que moitos non o saiban e sexan poucos os medios que o transmite, a UE acaba de criticar a política lingüística que o goberno da Xunta de Galicia está a realizar. Entre outros aspectos, o que nos afecta á comunidade educativa é o que recoñece que a presenza da lingua galega no ensino se reduciu considerablemente nos últimos anos, o cal non favorece a normalización da lingua.
Para saberdes máis podedes ler a noticia no xornal "Sermos": "Europa critica a política lingüistica do PP en Galiza".
Para saberdes máis podedes ler a noticia no xornal "Sermos": "Europa critica a política lingüistica do PP en Galiza".
Etiquetas:
sociolingüística
10/20/2012
A nosa literatura vende, dentro e fóra do país!
![]() |
| Tradución ao éuscaro de Made in Galiza |
Parabéns! A literatura galega gaña adeptos dentro e fóra das nosas fronteiras. É o caso da obra Made in Galiza de Séchu Sende. Tras a súa tradución ao éuscaro converteuse nunha das obras máis vendidas!
Animádevos e lédeo! Pasaredes bos momentos e serviravos para reflexionardes sobre a nosa lingua, a nosa terra, nós e os nosos sentimentos.... e o humor, que tampouco falte!
Etiquetas:
actualidade,
literatura
Assinar:
Postagens (Atom)
