Marcadores

Marcadores

11/20/2012

11/19/2012

Fernández Paz, premio da crítica


Un dos principais autores da literatura galega recibiu o Premio da Crítica. A noticia sobre a entrega deste premio pódela ler no xornal Sermos.
Fernández Paz é autor, entre outros moitos libros, de Cartas de inverno, Non hai noite tan longa, Rapazas... Quizais sexa esta unha boa ocasión para lermos algunha das súas obras.
Tamén recibiron galardóns a asociación O sorriso de Daniel polo seu traballo a prol da conservación do románico galego.
E finalmente, destacaremos a Xosé Manuel Oliveira, "Pico", un dos nosos principais actores teatrais e que tamén foi premiado nesta edición dos Premios da Crítica.
Parabéns para eles e os outros premiados.


10/30/2012

Chegou o Samaín e con el as celebracións relacionadas coa morte e co medo. En Vieiros da escola podedes atopar moita información sobre esta celebración tan propia do noso país.

Ademais, é esta unha data moi apropiada para ler relatos de medo, e diso a nosa literatura tenvos moito. E se comezamos por Cando petan na porta pola noite de X. Docampo?
E lembra, o día 9 no noso instituto organízase un obradoiro-concurso de cabazas.