Tendo en conta que hoxe comezamos a estudar as variantes fonéticas da lingua galega, aquí vos quedan dous vídeos do programa Ben falado! no que se tratan a gheada e o seseo.
Marcadores
Marcadores
11/28/2013
Seseo e gheada
Tendo en conta que hoxe comezamos a estudar as variantes fonéticas da lingua galega, aquí vos quedan dous vídeos do programa Ben falado! no que se tratan a gheada e o seseo.
Etiquetas:
dialectoloxía,
lingua
11/05/2013
As profissões
10/08/2013
Sés presentando o seu novo disco Co xenio destrozado
Estes días Sés está a presentar o seu último disco, e estes días vén actuar ao Porriño... Para irmos creando ambiente aquí tedes un dos temas do seu último disco Co xenio destrozado
Etiquetas:
actualidade,
música
Insultar a alguén... se é en galego, mellor!!!!
Aínda que non debemos insultarnos, ás veces case nos é imposible non facelo... E se o facemos, por que non na nosa lingua? Pois para eses momentos en que é case imprescindible botar man dun insulto na páxina Insulta en galego, 334 formas de galeguizar os teus insultos, podes atopar un gran número deles e mais o seu significado...
Iso si, non abuses deles!!!
Iso si, non abuses deles!!!
6/04/2013
Os cantares dos Cantares. 150 anos de Cantares Gallegos
Estasea conmemorar o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos, obra coa cal se identifica o comezo do Rexurdimento.
Etiquetas:
literatura,
S. XIX
5/13/2013
Material Vidal Bolaño.
Aquí tes moito material relacionado coa obra de Vidal Bolaño, desde traballos realizados polo alumnado de CPI e IES ata traballos relacionados co dramaturgo.
http://www.coordinadoraendl.org/letras2013/materiais.php
Día das Letras Galegas. Roberto Vidal Bolaño
Xa estamos próximos ao Día das Letras Galegas que este ano se lle dedica ao gran dramaturgo Roberto Vidal Bolaño.
Roberto Vidal Bolaño (1950-2002) fundou as compañías teatraias Antroido ou Teatro do Aquí e a súa vida profesional dedicouna na súa totalidade ao teatro: actor, director, guionista, escenógrafo, fundador de compañías...
Entre a súa obra como escritor podemos destacar Laudamuco, señor de ningures, Ladaíñas pola morte do meco, Saxo tenor, Cochos, Doentes, Rastros....
A obra de Vidal Bolaño é profundamente innovadora, e conxuga a cultura teatral popular galega coa vangarda e a linguaxe cinematográfica. A súa obra amosa unha visión aceda e pesimista da vida, aínda que sen renunciar á rabia da denuncia política-social e á calor da loita polos ideais transformadores da sociedade. Mais quizais o máis destacable deste dramaturgo sexa a capacidade para conectar co público.
Assinar:
Postagens (Atom)