Marcadores

Marcadores

1/25/2014

Biografía de Castelao en banda deseñada

Despois de pór en imaxes alguns dos máis emblemáticos relatos de Castelao, agora chégalle a hora á súa biografía con Inacio e Iván Suárez como guionista e ilustrador respectivamente.


Aquí reproducimos o inicio da noticia:


"Cando hai algúns meses falamos do triunfo do xénero biográfico na novela gráfica, aínda non sabiamos que a figura máis mítica da historia galega tamén contaba coa súa propia vida en versión  cómic. Trátase de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, quen pronto terá 8 volumes adicados a contar a súa historia (de momento van tres publicados) da man de Inacio (guionista) e Iván Suárez (ilustrador).
É Castelao unha figura poliédrica, da que moito coñecemos, da que moito limos (polo menos na escola), pero da que sempre queremos saber máis. Quen tivese podido, nos tempos de colexio, ler unha novela gráfica coma estas para axudarnos a lembrar toda aquela profusión de datas, títulos e informacións varias. E sen embargo, estes cómics da vida de Castelao van moito máis alá do instrutivo, constituíndose nunha obra de arte por si mesmos."

Para a veres completa, podes premer no seguinte enlace: A vida de Castelao, una biografía en viñetas.


12/09/2013

Métennos medo estes zombis!!!!

Aquí tedes o vídeo feito por alumnado do IES Pazo da Mercé para amosar a situación que está a vivir a nosa lingua. Parabéns!!!!!


12/05/2013

A importancia que o estudo do portugués adquire en Estremadura.

Recolle o semanario Sermos Galiza unha nova moi interesantes sobre a importancia que desde o goberno Estremeño se lle dá ao portugués, unha das linguas con máis falantes e que abre gran cantidade de portas. E se a un estremeño lle resula doado aprender a lingua veciña, para canto máis a nós que xogamos cunha grande vantaxe.
Reproducimos a totalidade da noticia e desde aquí podedes acceder á publicación:

"O secretario xeral de educación de Extremadura, César Díez Solís afirmou que para o seu goberno o portugués é unha “prioridade absoluta” na política educativa, non só pola proximidade senón tamén pola dimensión internacional da lingua portuguesa. Nas Jornadas de Lingua e Cultura Lusófona debullou todas as liñas de traballo do seu goberno para promover o ensino do portugués.

“Estamos a dar pasos importantes para potenciar o portugués. Non só pola proximidade con Portugal senón tamén pola dimensión que está a adquirir a lingua portuguesa a nivel internacional, como a proxección de países emerxentes como Brasil”, dixo César Díez Solís nas Jornadas de Lingua e Cultura Lusófonas que a  Associação de Professorado de Português na Extremadura (APPEX) organizou este fin de semana. 
En Extremadura o portugués xa é o segundo idioma na primaria e terceiro no ensinos secundário, con tres seccións bilingües español-portugués. 
 "Xa é o segundo idioma na primaria e terceiro no ensinos secundário, con tres seccións bilingües español-portugués"
O responsábel de política educativa do goberno de Extremadura sinalou que ademais de ampliar a presenza no ensino obrigatorio están apoiando o portugués en escolas oficiais de idiomas xa que o obxectivo é a promoción da lingua non só na comunidade educativa senón na cidadanía en xeral. 
Alén da súa inclusión en planos oficiais, Díez Solís debullou outras iniciativas encamiñadas á promoción do idioma como o  Programa de Lingua e Cultura Portuguesa, a presenza no Instituto de Linguas Modernas da Universidade ou o desenvolvemento de distintos programas en parcería con Portugal. A televisión pública, Canal Extremadura, inclúe na súa programación con carácter semanal o espazo  “Falamos português”, dedicado á aprendizaxe da lingua, desenvolvido a través da APPEX. No marco das xornadas, o secretario xeral de Educación anunciou inicio dun novo portal para a aprendizaxe do portugués que dará nun banco de recursos en rede.  A nova iniciativa nace co nome “Rincón didáctico de Portugués”, para o que Díaz Solís solicitou a colaboración de docentes para fornecer de contidos educativos dixitais a un portal que nace con vocación de difundir a lingua e a súa aprendizaxe. 


11/28/2013

Seseo e gheada


Tendo en conta que hoxe comezamos a estudar as variantes fonéticas da lingua galega, aquí vos quedan dous vídeos do programa Ben falado! no que se tratan a gheada e o seseo.


10/08/2013

Sés presentando o seu novo disco Co xenio destrozado

Estes días Sés está a presentar o seu último disco, e estes días vén actuar ao Porriño... Para irmos creando ambiente aquí tedes un dos temas do seu último disco Co xenio destrozado

Insultar a alguén... se é en galego, mellor!!!!

Aínda que non debemos insultarnos, ás veces case nos é imposible non facelo... E se o facemos, por que non na nosa lingua? Pois para eses momentos en que é case imprescindible botar man dun insulto na páxina Insulta en galego, 334 formas de galeguizar os teus insultos, podes atopar un gran número deles e mais o seu significado...
Iso si, non abuses deles!!!