Marcadores

Marcadores

10/13/2014

Por que os meses teñen os nomes que teñen?

Aquí vos deixo un interesante vídeo no que  o profesor Ferro explica a orixe dos nomes dos meses do anos. Descubriredes, ademais, que estamos no oitavo mes do ano. Si, lestes ben!

3/26/2014

Historia da lingua galega.

Nesta última parte do curso, os de 2º da ESO ides realizar exposicións sobre a distintas etapas da Historia da lingua galega.
Para que vos poidades informar e organizar os vosos traballos aquí vos deixo unha serie de enlaces que poden ser de grande utilidade. 
Pero se o primeiro que queredes é escoitar un cantar de cego, aquí o tedes...


Historia da lingua galega.
Páx. web
http://www.xunta.es/linguagalega/historia_da_lingua
http://galego.org/historia7.html
http://centros.edu.xunta.es/iesoteropedrayo.ourense/dptos/gal/materiaisdidacticos.htm
http://cadernodelingua.wordpress.com/2007/12/06/as-linguas-peninsulares-a-lingua-na-idade-media/
http://issuu.com/ratomik/docs/historia_da_lingua
http://www.consellodacultura.org/arquivos/cdsg/loia/historia_pr.php?idioma=1&seccion=34
http://www.staki.com/matuquin/index.htm
Existen unha serie de blogs interesantes:
http://galegodaestacion.blogspot.com.es/2012/10/historia-basica-da-lingua-galega.html
http://trafegandoronseis.blogspot.com.es/2010/06/historia-da-lingua-galega.html
http://galegoparatic.blogspot.com.es/2013/10/historia-da-lingua-galega.html
http://moradiasdovento.blogspot.com.es/p/historia-da-lingua-e-sociolinguistica.html
http://cadernodelingua.wordpress.com/lingua-e-sociedade/

E para comezar... creo que xa vos vai ben... A partir de aquí, podedes ir ampliando vós por se o precisades.

1/25/2014

O mellor que temos para quen máis queremos...


Biografía de Castelao en banda deseñada

Despois de pór en imaxes alguns dos máis emblemáticos relatos de Castelao, agora chégalle a hora á súa biografía con Inacio e Iván Suárez como guionista e ilustrador respectivamente.


Aquí reproducimos o inicio da noticia:


"Cando hai algúns meses falamos do triunfo do xénero biográfico na novela gráfica, aínda non sabiamos que a figura máis mítica da historia galega tamén contaba coa súa propia vida en versión  cómic. Trátase de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, quen pronto terá 8 volumes adicados a contar a súa historia (de momento van tres publicados) da man de Inacio (guionista) e Iván Suárez (ilustrador).
É Castelao unha figura poliédrica, da que moito coñecemos, da que moito limos (polo menos na escola), pero da que sempre queremos saber máis. Quen tivese podido, nos tempos de colexio, ler unha novela gráfica coma estas para axudarnos a lembrar toda aquela profusión de datas, títulos e informacións varias. E sen embargo, estes cómics da vida de Castelao van moito máis alá do instrutivo, constituíndose nunha obra de arte por si mesmos."

Para a veres completa, podes premer no seguinte enlace: A vida de Castelao, una biografía en viñetas.


12/09/2013

Métennos medo estes zombis!!!!

Aquí tedes o vídeo feito por alumnado do IES Pazo da Mercé para amosar a situación que está a vivir a nosa lingua. Parabéns!!!!!


12/05/2013

A importancia que o estudo do portugués adquire en Estremadura.

Recolle o semanario Sermos Galiza unha nova moi interesantes sobre a importancia que desde o goberno Estremeño se lle dá ao portugués, unha das linguas con máis falantes e que abre gran cantidade de portas. E se a un estremeño lle resula doado aprender a lingua veciña, para canto máis a nós que xogamos cunha grande vantaxe.
Reproducimos a totalidade da noticia e desde aquí podedes acceder á publicación:

"O secretario xeral de educación de Extremadura, César Díez Solís afirmou que para o seu goberno o portugués é unha “prioridade absoluta” na política educativa, non só pola proximidade senón tamén pola dimensión internacional da lingua portuguesa. Nas Jornadas de Lingua e Cultura Lusófona debullou todas as liñas de traballo do seu goberno para promover o ensino do portugués.

“Estamos a dar pasos importantes para potenciar o portugués. Non só pola proximidade con Portugal senón tamén pola dimensión que está a adquirir a lingua portuguesa a nivel internacional, como a proxección de países emerxentes como Brasil”, dixo César Díez Solís nas Jornadas de Lingua e Cultura Lusófonas que a  Associação de Professorado de Português na Extremadura (APPEX) organizou este fin de semana. 
En Extremadura o portugués xa é o segundo idioma na primaria e terceiro no ensinos secundário, con tres seccións bilingües español-portugués. 
 "Xa é o segundo idioma na primaria e terceiro no ensinos secundário, con tres seccións bilingües español-portugués"
O responsábel de política educativa do goberno de Extremadura sinalou que ademais de ampliar a presenza no ensino obrigatorio están apoiando o portugués en escolas oficiais de idiomas xa que o obxectivo é a promoción da lingua non só na comunidade educativa senón na cidadanía en xeral. 
Alén da súa inclusión en planos oficiais, Díez Solís debullou outras iniciativas encamiñadas á promoción do idioma como o  Programa de Lingua e Cultura Portuguesa, a presenza no Instituto de Linguas Modernas da Universidade ou o desenvolvemento de distintos programas en parcería con Portugal. A televisión pública, Canal Extremadura, inclúe na súa programación con carácter semanal o espazo  “Falamos português”, dedicado á aprendizaxe da lingua, desenvolvido a través da APPEX. No marco das xornadas, o secretario xeral de Educación anunciou inicio dun novo portal para a aprendizaxe do portugués que dará nun banco de recursos en rede.  A nova iniciativa nace co nome “Rincón didáctico de Portugués”, para o que Díaz Solís solicitou a colaboración de docentes para fornecer de contidos educativos dixitais a un portal que nace con vocación de difundir a lingua e a súa aprendizaxe.