Marcadores

Marcadores

10/26/2014

Orgullosos da gheada e do seseo





A gheada e o seseo sempre estiveron acompañados de prexuízos. A xente destas zonas dialectais viuse ridiculizada durante séculos e, en moitos casos, séguese vendo por empregar estas variantes tan propias da nosa lingua.



Neste vídeo podes ver como mozas e mozos rianxeiros reivindican o seu dereito a empregar estas variantes dialectais recoñecidas pola RAG como propias da lingua estándar oral.



E veña, a manter as nosas variantes!

10/24/2014

Dicionario de sinónimos en rede

No Portal das palabras podedes acceder ao Dicionario de sinónimos, o cal vos pode ser de grande interese á hora de elaborardes os vosos textos.

Aquí vos vai a captura de pantalla cos sinónimos do verbo que lle dá nome a esta blog: achanzar.


Un vídeo sobre dúbidas léxicas: cortar e acurtar.


10/19/2014

O substantivo e o adxectivo



Aquí vos deixo unha presentación sobre o substantivo e o adxectivo. Espero que vos sirva para repasar ou preparar a materia.

TWITTER


Android na nosa lingua

Xa non tes escusa!!!! O Android xa está dispoñible en lingua galega.

Segundo se recolle nesta noticia do xornal Sermos Galiza, xa dispoñemos do Android na nosa lingua, festexémolo!

"Mallando no Android informou esta cuarta feira (15 de outubro) que a lingua galega foi incluída na última versión do sistema operativo móbil. A iniciativa deste colectivo, responsábel do portal web de información tecnolóxica e do que é editor o colaborador deSermos Galiza, Iago Varela, Android incorporou o galego que xa se pode atopar nos trebellos Nexus, os dispositivos móbeis que comercializa Google. 
"É cuestión de meses que todas e todos teñamos esta posibilidade nos nosos smartphones e tablets", afirman desde Mallando no Android que se parabenizaron por ter logado en pouco máis dun ano que a lingua propia de Galiza estea disponíbel en Android.
"É cuestión de meses que todas e todos teñamos esta posibilidade nos nosos smartphones e tablets"
"Co galego como lingua oficial en Android, os desenvolvedores téñeno moito máis doado para adaptar as súas aplicacións á nosa lingua, e para os usuarios todo será moito máis transparente, xa que non teremos que andar fedellando  nos diferentes menús de cada vez que queiramos ter unha app na nosa lingua", sinalan nun comunicado pendurado na súa páxina web. 
Durante a campaña iniciada en outubro de 2013, #AndroidEnGalego, Mallando no Android recompilou máis de 4.300 sinaturas e o apoio de múltiples colectivos e empresas galegas que apostaron na presenza da lingua galega tamén nos operativos móbeis."