Marcadores

Marcadores

2/04/2022

Resumo de aspectos concretos de Morfosintaxe

 

Achégase unha pequena presentación sobre algúns dos aspectos máis significativos e/ou complexos de Morfosintaxe.


9/27/2021

Linha da Frente. As Mulheres Querem Entrar

Linha da Frente: As Mulheres Querem Entrar - De todas as empresas cotadas em bolsa em Portugal, só uma, tem uma mulher como Presidente da Comissão Executiva.As quotas

1/08/2019

Adverbios e conectores

Aquí tedes o enlace a unha presentación sobre Adverbios e conectores realizada polo profesor Xavier Frías Conde.
https://www.slideshare.net/xafrico/adverbios-e-conectores-galego-a2-presentation

Espero que vos sirva de axuda e empregarémola nas aulas.

12/25/2018

Artigos, posesivos, demostrativos...


Comezamos o 2º trimestres achegándonos ás clases de palabras e o inicio dedicámolo a aquelas que acompañan o substantivo e/ou o substitúen.

A terminoloxía está de acordo coa empregada no TIL (Tratamento Integrado de Linguas) do IES Félix Muriel.

Nesta presentación tes información sobre artigo, demostrativo, posesivo, exclamativo, interrogativo, indefinidos...

https://www.slideshare.net/acereixo/determinantes-126703640

12/18/2018

MORFOLOXÍA VERBAL (I)

A morfoloxía verbal pode resultar complexa ao termos nunha mesma forma varias categorías gramaticas: tempo, persoa... E alén diso, cada un dos morfemas adoita presentar algún que outro alomorfo, de aí que ás veces poida resultar algo difícil. Porén, todo é cuestión de razoamento e práctica. De quererdes repasar os aspectos fundamentais, aquí vos queda unha presentación sobre as Formas modotemporais dos verbos regulares.

12/16/2018

Os pronomes persoais

Tendes aquí un traballo sobre os pronomes persoais feito pola profesora Loli Cid e que está dispoñíbel na rede. Déixovolo aquí para que poidades preparar este tema.


Alén desta presentación, podedes repasar a teoría e practicar na seguinte presentación da autoría de Nuria Tenreiro Aller.



12/12/2018

Perífrases verbais

Aquí vos deixo un enlace por se queredes ter a man a listaxe das perífrases verbais clasificadas segundo sexan temporais, modais ou aspectuais. Agardo que vos sirva para preparardes a materia.