Aquí tedes o vídeo feito por alumnado do IES Pazo da Mercé para amosar a situación que está a vivir a nosa lingua. Parabéns!!!!!
Marcadores
Marcadores
12/09/2013
12/05/2013
A importancia que o estudo do portugués adquire en Estremadura.
Recolle o semanario Sermos Galiza unha nova moi interesantes sobre a importancia que desde o goberno Estremeño se lle dá ao portugués, unha das linguas con máis falantes e que abre gran cantidade de portas. E se a un estremeño lle resula doado aprender a lingua veciña, para canto máis a nós que xogamos cunha grande vantaxe.
Reproducimos a totalidade da noticia e desde aquí podedes acceder á publicación:
"O secretario xeral de educación de Extremadura, César Díez Solís afirmou que para o seu goberno o portugués é unha “prioridade absoluta” na política educativa, non só pola proximidade senón tamén pola dimensión internacional da lingua portuguesa. Nas Jornadas de Lingua e Cultura Lusófona debullou todas as liñas de traballo do seu goberno para promover o ensino do portugués.
“Estamos a dar pasos importantes para potenciar o portugués. Non só pola proximidade con Portugal senón tamén pola dimensión que está a adquirir a lingua portuguesa a nivel internacional, como a proxección de países emerxentes como Brasil”, dixo César Díez Solís nas Jornadas de Lingua e Cultura Lusófonas que a Associação de Professorado de Português na Extremadura (APPEX) organizou este fin de semana.
En Extremadura o portugués xa é o segundo idioma na primaria e terceiro no ensinos secundário, con tres seccións bilingües español-portugués.
"Xa é o segundo idioma na primaria e terceiro no ensinos secundário, con tres seccións bilingües español-portugués"
O responsábel de política educativa do goberno de Extremadura sinalou que ademais de ampliar a presenza no ensino obrigatorio están apoiando o portugués en escolas oficiais de idiomas xa que o obxectivo é a promoción da lingua non só na comunidade educativa senón na cidadanía en xeral.
Alén da súa inclusión en planos oficiais, Díez Solís debullou outras iniciativas encamiñadas á promoción do idioma como o Programa de Lingua e Cultura Portuguesa, a presenza no Instituto de Linguas Modernas da Universidade ou o desenvolvemento de distintos programas en parcería con Portugal. A televisión pública, Canal Extremadura, inclúe na súa programación con carácter semanal o espazo “Falamos português”, dedicado á aprendizaxe da lingua, desenvolvido a través da APPEX. No marco das xornadas, o secretario xeral de Educación anunciou inicio dun novo portal para a aprendizaxe do portugués que dará nun banco de recursos en rede. A nova iniciativa nace co nome “Rincón didáctico de Portugués”, para o que Díaz Solís solicitou a colaboración de docentes para fornecer de contidos educativos dixitais a un portal que nace con vocación de difundir a lingua e a súa aprendizaxe.
11/28/2013
Seseo e gheada
Tendo en conta que hoxe comezamos a estudar as variantes fonéticas da lingua galega, aquí vos quedan dous vídeos do programa Ben falado! no que se tratan a gheada e o seseo.
Etiquetas:
dialectoloxía,
lingua
11/05/2013
As profissões
10/08/2013
Sés presentando o seu novo disco Co xenio destrozado
Estes días Sés está a presentar o seu último disco, e estes días vén actuar ao Porriño... Para irmos creando ambiente aquí tedes un dos temas do seu último disco Co xenio destrozado
Etiquetas:
actualidade,
música
Insultar a alguén... se é en galego, mellor!!!!
Aínda que non debemos insultarnos, ás veces case nos é imposible non facelo... E se o facemos, por que non na nosa lingua? Pois para eses momentos en que é case imprescindible botar man dun insulto na páxina Insulta en galego, 334 formas de galeguizar os teus insultos, podes atopar un gran número deles e mais o seu significado...
Iso si, non abuses deles!!!
Iso si, non abuses deles!!!
6/04/2013
Os cantares dos Cantares. 150 anos de Cantares Gallegos
Estasea conmemorar o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos, obra coa cal se identifica o comezo do Rexurdimento.
Etiquetas:
literatura,
S. XIX
Assinar:
Postagens (Atom)