Marcadores

Marcadores

12/04/2012

Quen fala galego?

As veces cremos que só NÓS falamos galego, pero mira a nosa historia pasada, presente e futura.... Agora xa saberás quen fala galego.

11/23/2012

Recitando CelsoemiliO. O 12 /12 / 12 ás 12:00 hrs

 

O EquiPazo do noso IES tamén se suma ao RecitandoCelsoemiliO.


O día 12/12/12, ás 12 horas, toda a comunidade recitará e traballará co poema "Deitado frente ao mar" do autor de Longa noite de pedra.

Nós tamén estaremos aí!


Deitado frente ao mar
Lingua proletaria do meu pobo,
eu fáloa porque si, porque me gosta,
porque me peta e quero e dáme a gana;

porque me sai de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ao ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sen raíces
que ao pór a garabata xa non saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
falar a fala nai,
a fala dos avós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos da linguaxe,
remo i arado, proa e rella sempre.
Eu fáloa porque si, porque me gosta
e quero estar cos meus, coa xente miña,

perto dos homes bos que sofren longo
unha historia contada noutra lingua.
Non falo pra os soberbios,
non falo pra os ruíns e poderosos,
non falo pra os finchados,
non falo pra os baleiros,
non falo pra os estúpidos,
que falo pra os que aguantan rexamente
mentiras e inxustizas decotío;
pra os que súan e choran

un pranto cotidián de bolboretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas
de tódolos que sofren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, doce mágoa das Españas,
deitada rente ao mar, ise camiño...

11/20/2012

11/19/2012

Fernández Paz, premio da crítica


Un dos principais autores da literatura galega recibiu o Premio da Crítica. A noticia sobre a entrega deste premio pódela ler no xornal Sermos.
Fernández Paz é autor, entre outros moitos libros, de Cartas de inverno, Non hai noite tan longa, Rapazas... Quizais sexa esta unha boa ocasión para lermos algunha das súas obras.
Tamén recibiron galardóns a asociación O sorriso de Daniel polo seu traballo a prol da conservación do románico galego.
E finalmente, destacaremos a Xosé Manuel Oliveira, "Pico", un dos nosos principais actores teatrais e que tamén foi premiado nesta edición dos Premios da Crítica.
Parabéns para eles e os outros premiados.


10/30/2012

Chegou o Samaín e con el as celebracións relacionadas coa morte e co medo. En Vieiros da escola podedes atopar moita información sobre esta celebración tan propia do noso país.

Ademais, é esta unha data moi apropiada para ler relatos de medo, e diso a nosa literatura tenvos moito. E se comezamos por Cando petan na porta pola noite de X. Docampo?
E lembra, o día 9 no noso instituto organízase un obradoiro-concurso de cabazas.

10/25/2012

A UE emite un informe no que critica a redución da lingua galega no ensino

Aínda que moitos non o saiban e sexan poucos os medios que o transmite, a UE acaba de criticar a política lingüística que o goberno da Xunta de Galicia está a realizar.  Entre outros aspectos, o que nos afecta á comunidade educativa é o que recoñece que a presenza da lingua galega no ensino se reduciu considerablemente nos últimos anos, o cal non favorece a normalización da lingua.
Para saberdes máis podedes ler a noticia no xornal "Sermos": "Europa critica a política lingüistica do PP en Galiza".

10/20/2012

A nosa literatura vende, dentro e fóra do país!


Made In Galiza - Sechu Sende
Tradución ao éuscaro de Made in Galiza

Parabéns! A literatura galega gaña adeptos dentro e fóra das nosas fronteiras.  É o caso da obra Made in Galiza de Séchu Sende. Tras a súa tradución ao éuscaro converteuse nunha das obras máis vendidas!
Animádevos e lédeo! Pasaredes bos momentos e serviravos para reflexionardes sobre a nosa lingua, a nosa terra, nós e os nosos sentimentos.... e o humor, que tampouco falte!

10/16/2012

Letras Galegas 2013. Roberto Vidal Bolaño

Roberto Vidal Bolaño
Como é ben sabido, o vindeiro ano 2013 o Día das Letras Galegas dedícaselle ao dramaturgo Roberto Vidal Bolaño.
E comezan xa as homenaxes: Carlos Blanco conducirá a primeira homenaxe a Vidal Bolaño. ""Un home do Aquí" é o nome da primeira homenaxe que se lle renderá a Roberto Vidal Bolaño ao se cumpriren 10 anos do seu pasamento e en vísperas de que comece o 2013 no que a Academia decidiu dedicarlle o Día das Letras Galegas. Teatro e música lembrarán ao primeiro dramaturgo que protagonizará un 17 de maio".

10/01/2012

Unha nova ferramenta á nosa disposición


"O bUSCatermos é unha base de datos terminolóxica en liña da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Compila información sobre máis de 150.000 conceptos das áreas especializadas máis diversas (ciencias da saúde, dereito, botánica, zooloxía, educación, historia, xeografía...). Para cada un deses conceptos recóllense as denominacións máis habituais en galego e, case sempre, tamén as empregadas nas linguas do noso contorno (fundamentalmente, castelán, inglés e portugués). A suma de todas estas formas lingüísticas supera as 450.000, o que converte bUSCatermos no recurso lexicográfico máis amplo existente para a lingua galega. Ademais, en cada entrada dáse información sobre a área temática a que pertence cada concepto, a definición e as fontes en que se documenta toda a información recollida."

Vitaminas para o galego: Vitaminas na rede

Vitaminas para o galego: Vitaminas na rede: Blogs, webs, e espazos na rede que apoian Vitaminas para o galego: Blog -  Estación Atlántica (BCN) Osquelemos Biblioteca CPI A Ribei...

9/30/2012

Língua portuguesa. Saudaçoes.

E assim começamos as aulas de Língua portuguesa em 1º ESO do IES Pazo da Mercé.

9/28/2012

A nosa lingua é nosa!

O galego falámolo moi pouca xente, non ten prestixio, serve só para andarmos por Galiza, aló de Pedrafita non nos entenden, non serve para a tecnoloxía....

 E se perdemos algún dos nosos prexuízos?

Olla estes vídeos realizados polo Servizo de Normalización da USC, imos ver se nos axudan a desbotar esas falsas crenzas sobre o noso idioma.


1/12/2012

Fraseoloxía

Aquí vos amosamos un traballo moi ben feito sobre fraseoloxía elaborado pola USC. Son dous arquivos de vídeo sobre distintas frases feitas da nosa lingua.

1/05/2012

MORRE ISAAC DÍAZ PARDO

Hoxe dicímoslle adeus a Isaac Díaz Pardo (1920-2012), intelectual e galeguista. Desde aquí a nosa homenaxe e o noso compromiso de seguirmos a loitar pola nosa lingua e a nosa cultura.