Marcadores

Marcadores

12/14/2015

Lecturas para todas as idades

Desde a Coordinadora dos EDLG do Morrazo chégannos estas guías de lecturas. Botádelle un ollo que seguramente ides atopar alguna interesante. Premendo nos enlaces aparécenvos unha chea de posibilidades:

http://issuu.com/edlg7/docs/edlgsecundaria15-16final/1?e=14721435/31649167

11/18/2015

PIALE en Língua portuguesa

Aquí vos deixo a presentación sobre a miña estadía en Lisboa durante o mes de outubro grazas ao programa PIALE da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Foi unha experiencia moi importante xa que tanto eu como a miña compañeira Isabel Mato eramos as primeiras profesoras que participabamos nesta modalidade.
Isto quere dicir que a Lingua portuguesa está a coller folgos na Galiza... Ánimo, a que esperas, LIGA-TE AO PORTUGUÊS.


5/22/2015

Saltamos unha clase?


Aínda que xa chegamos ao final do curso, tampouco está de máis lembrar as distintas formas que temos para dicir que non imos asistir a clase porque decidimos ir tomar o soliño, estudar un exame que temos na hora seguinte, tomar un café cos compañeiros e as compañeiras de clase... múltiples escusas habemos atopar para  saltar unha clase!

5/14/2015

Letras Galegas 2014

Diante do noso traballo (4º A)
Xa se achega o 17 de maio e as alumnas e os alumnos de 4º escolleron as súas obra preferidas para posaren con elas ante a cámara.  Aquí vos quedan as fotos de grupo e mais o traballo que colgaron na aula.
En 4º B tamén remataron a súa exposición

FELIZ DÍA DAS LETRAS 2015.
O grupo de 4º A na biblioteca.
MIL PRIMAVERAS MÁIS PARA A NOSA LINGUA.

E as obras escollidas foron:
  1. Anxos en tempos de chuvia
  2. Aire negro
  3. Cartas de inverno
  4. Corredores de sombras
  5. Dragal. A herdanza do dragón
  6. Unha estrela no vento
  7. As fronteiras do medo
  8. As lágrimas de Shiva
  9. Os Megatoxos e os templarios da luz
  10. Memorias dun neno labrego
  11. Noite de voraces sombras
  12. Non hai noite tan longa
  13. A praia dos afogados
  14. Pepa A Loba
  15. Rúa Carbón
  16. O violín de Auschwitz
  17. O xabaril branco

O grupo de 4º B

4/24/2015

25 de abril: Revolução dos cravos

Com a chegada do 25 de abril, convidamos a todos os alunos e alunas a festejar esta data tão
importante em portugal. E a melhor forma de o fazer é escrevendo na sua língua. 
Esta é a informação da Wikipedia:
A Revolução dos Cravos,1 refere-se a um período da história de Portugal resultante de um movimento social, ocorrido a 25 de abril de 1974, que depôs o regime ditatorial do Estado Novo2 , vigente desde 19333 , e iniciou um processo que viria a terminar com a implantação de um regime democrático e com a entrada em vigor da nova Constituição a 25 de abril de 1976, com uma forte orientação socialista na sua origem.4 5 6
Esta acção foi liderada por um movimento militar, o Movimento das Forças Armadas (MFA), que era composto na sua maior parte por capitães7 que tinham participado na Guerra Colonial e que tiveram o apoio de oficiais milicianos1 8 . Este movimento surgiu por volta de 1973, baseando-se inicialmente em reivindicações corporativistas como a luta pelo prestígio das forças armadas9 , acabando por atingir o regime político em vigor10 . Com reduzido poderio militar e com uma adesão em massa da população ao movimento, a resistência do regime foi praticamente inexistente e infrutífera, registando-se apenas 4 civis mortos e 45 feridos em Lisboa pelas balas daDGS11 .

O movimento confiou a direção do País à Junta de Salvação Nacional, que assumiu os poderes dos órgãos do Estado 12 .
A 15 de maio de 1974, o General António de Spínola foi nomeado Presidente da República. O cargo de primeiro-ministro seria atribuído a Adelino da Palma Carlos13 .
Seguiu-se um período de grande agitação social, política e militar conhecido como o PREC (Processo Revolucionário Em Curso), marcado por manifestações, ocupações, governos provisórios, nacionalizações14 e confrontos militares que, terminaram com o 25 de Novembro de 197515 16 17 .
Estabilizada a conjuntura política, prosseguiram os trabalhos da Assembleia Constituinte para a nova constituição democrática, que entrou em vigor no dia 25 de Abril de 1976, o mesmo dia das primeiras eleições legislativas da nova República.

4/20/2015

Recurso en rede: Celso Emilio e subordinación


Aquí tedes o enlace ao traballo de Celso Emilio deste 3º trimestre.
Ademais, aquelas persoas que o desexen poden repasar e traballar coas cláusulas subordinadas.

3/09/2015

Morfoloxía dos verbos irregulares


Aquí queda unha presentación sobre a segmentación morfolóxica nos verbos irregulares, por se vos serve de axuda.

2/23/2015

2/20/2015

A subordinación. Tipos

A subordinación é un tipo de relación sintáctica que consiste na dependencia dunha unidade doutra, sexa superior a esta ou non. Aquí vos queda unha presentación sobre os distintos tipos de subordinación, os nexos máis habituais e algún modelo de análise.

1/28/2015

As orixes do galego

Aquí vos deixo unha presentación sobre as orixes do galego: os substratos, o estrato latino e os superestratos. Espero que vos sirva de axuda.

1/02/2015

Dialectoloxía

Na Gran Enciclopedia Galega, a entrada Dialectoloxía realizouna o profesor da USC e membro do ILG, Francisco Fernández Rei. Trátase dun dos principais estudosos da dialectoloxía galega e pódevos servir de axuda para preparardes a materia.

Aquí tedes o arquivo en pdf.