Marcadores

Marcadores

12/25/2018

Artigos, posesivos, demostrativos...


Comezamos o 2º trimestres achegándonos ás clases de palabras e o inicio dedicámolo a aquelas que acompañan o substantivo e/ou o substitúen.

A terminoloxía está de acordo coa empregada no TIL (Tratamento Integrado de Linguas) do IES Félix Muriel.

Nesta presentación tes información sobre artigo, demostrativo, posesivo, exclamativo, interrogativo, indefinidos...

https://www.slideshare.net/acereixo/determinantes-126703640

12/18/2018

MORFOLOXÍA VERBAL (I)

A morfoloxía verbal pode resultar complexa ao termos nunha mesma forma varias categorías gramaticas: tempo, persoa... E alén diso, cada un dos morfemas adoita presentar algún que outro alomorfo, de aí que ás veces poida resultar algo difícil. Porén, todo é cuestión de razoamento e práctica. De quererdes repasar os aspectos fundamentais, aquí vos queda unha presentación sobre as Formas modotemporais dos verbos regulares.

12/16/2018

Os pronomes persoais

Tendes aquí un traballo sobre os pronomes persoais feito pola profesora Loli Cid e que está dispoñíbel na rede. Déixovolo aquí para que poidades preparar este tema.


Alén desta presentación, podedes repasar a teoría e practicar na seguinte presentación da autoría de Nuria Tenreiro Aller.



12/12/2018

Perífrases verbais

Aquí vos deixo un enlace por se queredes ter a man a listaxe das perífrases verbais clasificadas segundo sexan temporais, modais ou aspectuais. Agardo que vos sirva para preparardes a materia.



10/23/2018

Os determinantes

E como estamos repasando os determinantes, aquí vos queda a presentación!

Espero que vos axude!

10/17/2018

As linguas da Península Ibérica

Unha pequena infografía sobre as linguas da Península Ibérica. Para realizala partimos de https://infograph.venngage.com/ mais existen outras páxinas que tamén permiten realizar infografías de forma gratuíta.


As linguas da Península Ibérica.

4/30/2018

A dialectoloxía galega

Aquí vos deixo o póster dixital no que  participou o alumnado do 2º IES Pazo da Mercé.

LG_Dialectoloxía

Parabéns ao alumnado!


Os bloques dialectais

Neste mapa conceptual podedes ver as características dos tres bloques dialectais da lingua galega.

Dialectoloxía

3/14/2018

Os termos matemáticos tamén en galego

O Dicionario da RAG acaba de incorporar máis de 150 termos relacionados coa Matemática. Así dá conta a nova publicada polo Portal da Ciencia en Galego.
Para accederdes a toda a información podedes premer no enlace da noticia: Pi, óvalo, grafo...Estes son o 168 novos termos matemáticos no dicionario da Academia.

"O dicionario en liña da Real Academia Galega conta desde hai uns días con 168 termos matemáticos, ben actualizados ou ben de nova incorporación, que veñen a enriquecer o léxico da ferramenta de consulta na rede. Pi, óvalo, grafo ou hexadecimal son algunhas das novas entradas. O traballo desenvolvérono o Seminario de Lexicografía da institución académica e un equipo de dez expertos das tres universidades galegas, o Instituto Galego de Estatística e
o ensino medio."

Lembra que o Dicionario da RAG está dispoñible na rede no enderezo academia.gal