Marcadores

Marcadores

5/13/2013

Material Vidal Bolaño.

Aquí tes moito material relacionado coa obra de Vidal Bolaño, desde traballos realizados polo alumnado de CPI e IES ata traballos relacionados co dramaturgo. http://www.coordinadoraendl.org/letras2013/materiais.php

Día das Letras Galegas. Roberto Vidal Bolaño

Xa estamos próximos ao Día das Letras Galegas que este ano se lle dedica ao gran dramaturgo Roberto Vidal Bolaño.

Roberto Vidal Bolaño (1950-2002) fundou as compañías teatraias Antroido ou Teatro do Aquí e a súa vida profesional dedicouna na súa totalidade ao teatro: actor, director, guionista, escenógrafo, fundador de compañías...

Entre a súa obra como escritor podemos destacar Laudamuco, señor de ningures, Ladaíñas pola morte do meco, Saxo tenor, CochosDoentes, Rastros....
A obra de Vidal Bolaño é profundamente innovadora, e conxuga a cultura teatral popular galega coa vangarda e a linguaxe cinematográfica. A súa obra amosa unha visión aceda e pesimista da vida, aínda que sen renunciar á rabia da denuncia política-social e á calor da loita polos ideais transformadores da sociedade. Mais quizais o máis destacable deste dramaturgo sexa a capacidade para conectar co público.