Xa estamos próximos ao Día das Letras Galegas que este ano se lle dedica ao gran dramaturgo Roberto Vidal Bolaño.
Entre a súa obra como escritor podemos destacar Laudamuco, señor de ningures, Ladaíñas pola morte do meco, Saxo tenor, Cochos, Doentes, Rastros....
A obra de Vidal Bolaño é profundamente innovadora, e conxuga a cultura teatral popular galega coa vangarda e a linguaxe cinematográfica. A súa obra amosa unha visión aceda e pesimista da vida, aínda que sen renunciar á rabia da denuncia política-social e á calor da loita polos ideais transformadores da sociedade. Mais quizais o máis destacable deste dramaturgo sexa a capacidade para conectar co público.
Roberto Vidal Bolaño (1950-2002) fundou as compañías teatraias Antroido ou Teatro do Aquí e a súa vida profesional dedicouna na súa totalidade ao teatro: actor, director, guionista, escenógrafo, fundador de compañías...
Entre a súa obra como escritor podemos destacar Laudamuco, señor de ningures, Ladaíñas pola morte do meco, Saxo tenor, Cochos, Doentes, Rastros....
A obra de Vidal Bolaño é profundamente innovadora, e conxuga a cultura teatral popular galega coa vangarda e a linguaxe cinematográfica. A súa obra amosa unha visión aceda e pesimista da vida, aínda que sen renunciar á rabia da denuncia política-social e á calor da loita polos ideais transformadores da sociedade. Mais quizais o máis destacable deste dramaturgo sexa a capacidade para conectar co público.
Nenhum comentário:
Postar um comentário